Papis con sentidiño

Imaxe
15 de Novembro 2025, 11:30
Biblioteca Pública de Ourense

Obradorio

Cres que educar e coidar é un reto que se aprende día a día?

Un sábado ao mes abrimos un espazo para pais e nais que queren reflexionar, aprender e compartir sobre igualdade, corresponsabilidade e coidado en familia.

O primeiro deles será "Responsabilidade ou correspondencia" 

Falaremos das diferenzas entre ser responsable e corresponsable, e de como repartir as tarefas e decisións no fogar de forma equilibrada. Un encontro para pensar, dialogar e construír familias máis xustas e conscientes.

* Inscricións chamando a Biblioteca (988 788 385/386) dende o venres 7 de novembro.