Poemas encantados

Imaxe
22 de Marzo 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Celebramos o Día da Poesía cun contacontos a cargo de Servando Barreiro

Celebramos o Día da Poesía co contacontos “Poemas encantados” da man de Servando Barreiro. Coplas tradicionais e poemas para brincar e cantar desde os primeiros anos utilizando a música e a poesía como medios para expresar as nosas emocións e sentimentos.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.