Programa de atención perinatal para nais en vulnerabilidade social

Imaxe
24 de Xullo - 11 de Agosto 2023, 8:30 - 14:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Organiza a Fundación Meniños

A biblioteca cede o espazo para realizar o Programa de atención perinatal para nais en vulnerabilidade social que organiza a Fundación Meniños e que terá lugar na bebeteca da sala infantil os días 24, 26, 28 e 31 de Xullo e o 2, 4, 7, 9 e 11 de agosto no horario de 8:30 a 14:30h.

 

O espazo está dedicado ao servizo de atención a mulleres xestantes e nais en primeira crianza do Programa de Atención Perinatal para Nais en Vulnerabilidade Social, cando as circunstancias vitais da nai son desfavorables (soidade, precariedade económica, desemprego, illamento social, altos niveis de estrés, etc.)

 

Este programa ofrece un espazo de coidado para as mulleres dende a etapa do embarazo e na primeira crianza ata os 18 meses mediante a creación de condicións prenatais e posparto axeitadas que favorezan un vínculo cos bebés. 

 

Para máis información, as persoas interesadas deben poñerse en contacto coa Fundación Meniños: Tel.: 604 018 660/ 604 024 137 Correo electrónico: prenatal.t1 [at] meninos.org (prenatal[dot]t1[at]meninos[dot]org)

Acceso restrinxido.