15 de Marzo 2024, 18:00
Aldaolado
Un obradoiro de creación de postais con poemas e collages no que se pretende que as persoas se familiaricen coa poesía, achegándose a ela como obxecto plástico, materia prima coa que crear unha obra plástica. Pero tamén é un espazo para reflexionar sobre feminismo e igualdade a través dos textos e a as imaxes propostas para traballar.
Público adulto
Espazo de actividades da planta baixa
Duración 60 minutos
Inscrición previa a partir do 6 de marzo ás 9:00 a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades