22 de Decembro 2023, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Con Pakolas
Pakolas conta e canta a historia da Ramona pequena, unha nena movida por constantes inquedanzas cunha mente moi esperta que adoraba perderse entre as páxinas de Xulio Verne. A Lúa era para ela unha fonte imparable de preguntas sen resposta.
Vivimos así unha nova aventura didáctica e rockeira rebordante de imaxinación e aprendizaxe.
Espectáculo dirixido a público familiar.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.