22 de Abril 2026, 18:00
Roteiro guiado con Xeitura
Este mes descubriremos Ourense a través das páxinas da Esmorga a obra mestra de Eduardo Blanco Amor.
Nesta ruta literaria mergullámonos nos escenarios da novela, recreando a viaxe nocturna de Cibrán, Bocas e Milhomes polas rúas e recunchos da cidade. Un percorrido que conecta a ficción coa realidade, desvelando as claves culturais, sociais e urbanísticas do Ourense que inspirou ao autor.
Únete a este percorrido para experimentar Ourense como nunca: entre a realidade e a ficción de A Esmorga.
Para asistir a esta actividade é necesaria a inscrición previa que pode facerse a partir do venres anterior ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono 988 788385/ 386.