27 de Novembro 2026, 11:30
Roteiro guiado con Xeitura
Un paseo histórico polos hospitais que existiron ao longo da historia de Ourense. Neste percorrido achegarémonos á evolución da atención á enfermidade a través destes locais que ao longo dos último séculos cumpriron esa función na nosa cidade.
Inscricións dende o venres anterior ás 9 h nos números de teléfono 988 788 385/386 ou ben presencialmente.
Punto de inicio: Alameda do Bispo Cesáreo
Duración: 1h 45 m