Redescubrindo Ourense: O Ourense modernista

Imaxe
19 de Decembro 2025, 11:30
Biblioteca Pública de Ourense

Roteiro guiado

A cidade soñada e deseñada por Vázquez-Gulías e Conde Fidalgo.

Un percorrido polo Ourense dos último e primeiro terzo dos séculos XIX e XX, que deixaba definitivamente atrás a estrutura da vella cidade conformada durante a Idade Media, coa abertura de novas rúas e prazas, e a construción de predios con deseños que bebían dos novos modelos arquitectónicos do Modernismo, fuxindo da simple funcionalidade das edificacións para facer da cidade un elemento de gozo.

O obxectivo deste roteiro é pór en valor a riqueza arquitectónica do Ourense modernista, con especial énfase na importancia do coñecemento e protección do patrimonio arquitectónico da cidade, como reflexo da súa propia historia.

Anímate a percorrer o Ourense do cambio de século, unha cidade que creceu e reverberou durante a Belle Époque europea.

As prazas son limitadas polo que é necesario facer a inscrición previa ben presencialmente o ben chamando por teléfono aos números: 988 788 385 / 386 a partir do venres 12 de decembro.