Redescubrindo Ourense. Pontes, ríos e fontes

Imaxe
26 de Xuño 2026, 11:30
Biblioteca Pública de Ourense

Ourense é unha cidade cuxo desenvolvemento estivo especialmente marcado polas características territorio, estirándose por entre a ladeira do Montealegre e o val do Barbaña até o río Miño.

Ao longo do percorrido veremos como a auga, en forma de ríos e mananciais, determinou o desenvolvemento da cidade, tanto no seu aspecto físico como no carácter do pobo que a habita.

Punto de encontro: As Burgas.