Redescubrindo Ourense. Roteiro polo Ourense antigo

Imaxe
29 de Xaneiro 2026, 16:30
Biblioteca Pública de Ourense

Este xoves da man de Xeitura faremos un percorrido polos primeiros tempos de ocupación do espazo da cidade.

Descubriremos a importancia de Ourense como punto de paso do río Miño, o aproveitamento das augas termais, as hipótesis sobre a orixe etimolóxica do nome da cidade e a súa relación cos poboados castrexos daquel tempo.

Para asisitir é necesario facer a inscrición previa que pode facerse dende o venres 23 de xaneiro ben presencialmente o ben chamando aos números de teléfono 988 788 385/386.