25 de Abril 2025, 21:00
Unha experiencia única para celebrar o Día do Libro
Este venres contremos cunha experiencia única para celebrar o Día do Libro.
Unha vez que a biblioteca apague as súas luces e peche as súas portas, gozaredes dunha dramatización de contos populares cun toque actual e divertido.
Transformamos a biblioteca nun escenario onde os contos populares cobran vida. Dende unha perspectiva actual e chea de humor, reinterpretamos as historias de sempre, converténdoas nunha experiencia que fascina tanto a maiores como a pequenos.
A biblioteca só para vós!
Actividade para público familiar (nenas e nenos de + de 6 anos acompañados dunha persoa adulta).
Prazas limitadas. Inscricións dende o venres anterior (venres 11) ás 9 h nos teléfonos 988 78 83 85 / 86.