02 de Novembro 2023, 19:30
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiro tecnolóxico dirixido a nenos e nenas, onde aprenderán de forma lúdica conceptos básicos de programación, robótica e electrónica. Empregaremos robots de "LEGO Mindstorms", esferas intelixentes "Sphero Mini", drons e outros dispositivos electrónicos. Os participantes aprenderán e se divertirán cos diferentes retos.
- Público destinatario: infantil, de 8 a 14 anos
- Data e hora: xoves, 2 de novembro de 19:30 a 20:30
- Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 25 de outubro ás 9:00 horas