Roteiro “Isaac Díaz Pardo"

Imaxe
01 de Abril 2025, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Roteiro a cargo de Maos Innovación Social, S. Coop. Galega

Celebramos o Día das Artes Galegas co Roteiro “Isaac Díaz Pardo” da man de Maos Innovación Social. A través de diversos lugares de Compostela ligados á súa vida, iremos coñecendo a biografía e traxectoria de Isaac Díaz Pardo, compostelán de nacemento e unha das figuras máis relevantes da nosa historia recente. A rúa das Hortas, a praza do Obradoiro, o Teatro Principal ou a primeira galería Sargadelos son algúns destes espazos que gardan para a memoria da cidade un anaquiño de Isaac Díaz Pardo.

Para persoas de 14 a 99 anos. Máximo 30 participantes. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.