Sábados Okupados - O nariz de Pinocho

Imaxe
27 de Abril 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense

Celebramos o Día do Libro con Sabela Gago

Este mes celebramos o Día do Libro okupando a biblioteca os sábados 20 e 27 ás 12.00 h. 

Que podemos facer cun nariz longo ademais de contar mentiras? Imaxina, xoga e comparte a túa creatividade. 

Actividade pensada para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Prazas limitadas, as inscricións poden facerse dende o venres 12 nos números de teléfono 988 788385 / 386.