A cargo de A nube de Artear
Busca para os seus fillos unha proposta de accións enfocada cara ás actividades artísticas?
Creamos un espazo educativo de artes e experimentación, no cal a formación e a aprendizaxe convivirán coa animación e a dramatización.
Ofértanse experiencias artísticas e pedagóxicas interdisciplinares entre os campos das artes, o teatro e a música, que pretenden desenvolver a vertente artística dos participantes tanto individualmente como en grupo, dentro nun ambiente cheo de creatividade.
As actividades artísticas están dirixidas por profesionais especializados.
Para nenas e nenos de 6 a 12 anos (15 prazas)
Duración: de 9:30 a 14:00 h de luns a venres
Ludoteca
Inscrición previa dende o luns 26 de xuño na sala infantil e no teléfono 982828329