13 de Xaneiro - 21 de Febreiro 2026, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Exposicion de libros sobre "As mil e unha noites” da Colección Losada Díaz
Cedemos o espazo a Santiago Losada, usuario da biblioteca e coleccionista de libros para que poidamos desfrutar dalgúns dos exemplares da súa colección Losada Díaz. Trátase dunha mostra de exemplares de As mil e unha noites que estará no espazo da hemeroteca, na planta baixa, do 13 de xaneiro ao 21 de febreiro. Pode visitarse en horario de apertura da biblioteca.