Obradoiro a cargo de Víctor González García-Echave
O Sistema Lupo está constituído por unha serie de pezas modulares que permiten múltiples posibilidades combinatorias, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción.
É unha didáctica experimental que fomenta a reflexión e a creatividade individuais e o traballo en equipo a través do xogo e de dinámicas de construción a gran escala, abordaranse unha serie de retos construtivos.
Duración: 60 minutos
Público infantil de 6 a 12 anos
Espazo de obradoiros da Biblioteca
2 quendas:
Quenda 1: 11:00-12:00 h.
Quenda 2: 12:00-13:00 h.
15 prazas por quenda
Inscrición previa a partir do 19 de novembro ás 08:30 h. a través dos formularios da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.
Formulario de inscrición quenda 1
Formulario de inscrición quenda 2
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Cada persoa será admitida nunha única quenda. No caso de realizar a inscrición nas dúas quendas, e resultar admitida en ambas, asignaráselle praza na quenda na que se inscribise primeiro.
No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.