12 de Abril 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Espectáculo a cargo de A Xanela do Maxín
Supercoroza, protagonista de Na eira e na lareira, é salvagarda do noso: da nosa xente, da nosa lingua, música, contos e tradicións. O seu superpoder á a recuperación da tradición e procura a transmisión cultural a través da música, o baile e os contos dun xeito ameno, divertido e participativo.
Neste espectáculo cantarase e contarase como se facía de antigo, para que estas historias e cancións poidan seguir transmitíndose de xeración en xeración, ofrecendo unha xanela única ao noso pasado colectivo.
No salón de actos. Dirixido a público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.