09 de Novembro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
A Xanela do Maxín
A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza e máis o seu axudante Protonio andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar.
Idade: de 4 a 12 anos.
Duración: 40 minutos.
Reserva de praza na bilioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.