Traxes tradicionais de Galicia e o falseamento histórico na folclorización

Imaxe
15 de Decembro 2025 - 26 de Xaneiro 2026, 8:30 - 20:30
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Exposición cargo de Susana Peleteiro

Ao longo de varios anos, Susana Peleteiro, foi elaborando unha colección de traxes tradicionais e textos nos que resume a historia real e a ficticia da vestimenta do pobo dende o século XVIII ata o inicio do XX.

Esta exposición pretende amosar este o marabilloso patrimonio dende unha perspectiva de información necesaria para a posta en valor dun legado que é algo máis que o produto de diversos oficios: a vestimenta sempre foi, é e será unha segunda pel que fala hoxe de cada quen, pero que falaba máis naqueles tempos en que polas pezas levadas e polo xeito de poñelas indicaba procedencia xeográfica, estado civil, nivel social, oficio, etc.