Espectáculo a cargo de Soledad Felloza e Irina Gruia
Celebramos o Día das Letras Galegas co espectáculo “Tres mulleres na escuridade” da man do Soledad Felloza e Irina Gruia. Tres mulleres pensan, senten, crean e recrean, interactúan, enlazan as súas vidas. Dende a súa obra, Luísa Villalta, do seu violín Irina Gruia, dende o escenario a voz de Sole Felloza. A escuridade énchese de palabras e melodías, nunha viaxe ao universo lúcido e comprometido dunha creadora singular, cada verso, texto, melodía é un paso, un xogo que deixa atrás as sombras.
No salón de actos. Actividade dirixida a público adulto. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Esta actividade conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.