Uxía e o mar

Imaxe
07 de Setembro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos a cargo de Paula Merlán

Uxía tiña un soño grande, moi grande…xigante! Ver o mar. E para iso emprende unha emocionante viaxe. Polo camiño, vai atopar grandes amigos, pero… acadará o seu obxectivo? Unha valiosa aprendizaxe para a vida.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.