Vai de bechos

Imaxe
04 de Outubro 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos a cargo de Charo Pita

Un lobo, un rato, unha ra, un esquío… Centos de animais poboan historias, adiviñas e cancións. Animais, feras, bestas, bechas, bechocos, e... algún monstro serán os protagonistas destes contos.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.