18 de Marzo 2026, 11:00
Desfrutaremos, coa autora Rochi Novoa, dunha fermosa experiencia arredor da poesía e da creación artística.
O obradoiro-presentación Versos e Luas propón unha experiencia participativa arredor da poesía e da creación artística.
A actividade combina a presentación do poemario coas dinámicas creativas, convidando ao público a experimentar a poesía desde a emoción, a palabra e a imaxe.
Actividade aberta a todos os públicos.
Duración: 60 min. aprox.
Horario: 11:00h
Espazo: Casa da Cultura do Concello de Sandiás