14 de Abril 2025, 12:00
Obradoiro
Nesta semana de Semana Santa contaremos cuns obradoiros polas mañás para nenas e nenos de 6 a 12 anos.
Hoxe, "Vivir nas Nubes" con Nuria González. É posible construir con aire? Pódese vivir dentro dunha nube?
Este obradoiro consisitirá na construción dun inflable pero tamén na experimentación do seu espazo interior. Aprenderemos a construír nubes a través da tecnoloxía da arquitectura inflable.
Duración: 90 minutos
Para asistir a ela é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386 dende o venres 11 de abril.