Xogando coas letras - mércores 4

Imaxe
04 de Febreiro 2026, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense

Obradoiro de comprensión lectora

Ler non só é pasar páxinas: é entender, lembrar e explicar o que se le.

Seguimos co obradoiro de comprensión lectora para nenas e nenos de 3º e 4º de primaria para o primeiro trimestre do ano.

Neste segundo mes, (os mércores 4, 11, 18 e 25) queda algunha praza libre. Para anotarse hai que chamar aos teléfonos 988 788385 / 386 ou ben presencialmente.