Prolífico Ilustrador, ceramista, escultor, deseñador e muralista, deixounos o pasado 9 de febreiro.
Sirvan de derradeiro homenaxe as exposicións, reseñas e múltiples actividades organizadas nas bibliotecas galegas con motivo do Día da Ilustración 2025, dedicado a este xenial artista.
A obra multidisciplinar de Xosé Vizoso caracterízase por imprimir carácter propio ao deseño dos obxectos e láminas cos que traballa. Nesta pequena homenaxe expositiva queremos afondar na figura do mindoniense
Zona de exposicións da biblioteca. Todos os públicos.
Destacada pintora, membro da xeración do 27, muller adiantada ao seu tempo ... todo iso e moito máis foi Maruja Mallo. Con música, debuxo e moito humor coñeceremos un pouco mellor a unha muller que marcou unha época.
Data e hora: venres 14 de marzo ás 18.00 h.
Público destinatario: infantil, a partir de 3 anos
Entrada de libre ata completar a capacidade da sala
Ata fai non tanto, escribir, e máis publicar, eran privilexios reservados só aos homes. Por medo a ser rexeitadas ou a non ser tomadas en serio, moitas escritoras ao longo da historia víronse obrigadas a ocultar as súas verdadeiras identidades baixo un pseudónimo masculino.
Elas sempre contan, escriben, pintan, imaxinan outros mundos.
Papel, cartón, pinturas, un pouco de imaxinación ... son os ingredientes esenciais para facer unha máscara, se a esto lle unimos un pouco de axuda sairedes do obradoiro cunhas máscaras ben bonitas.
Data e hora: venres, 28 de marzo ás 18.00 horas
Público destinatario: infantil, de 6 a 12 anos.
Cristina Sánchez-Andrade presenta o seu novo libro "Habitada", unha novela na que, movéndose entre o realismo, o fantástico galego e o humor máis audaz, a autora bríndanos un impagable retrato da Galicia rural de principios do século XX.
Salón de actos
Entrada libre ata completar a capacidade da sala