Sesión de contacontos cunha actividade posterior relacionada coa historia narrada.
Actividade pensada para nenas e nenos de 4 a 6 anos.
Para asistir a ela é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 desde o venres anterior á actividade.
Neste obradoiro os e as participantes construirán dous xoguetes ópticos cos que descubrirán a maxia da animación. O primeiro será un taumatropo de dúas imaxes, o segundo consta de seis debuxos que configuran un loop animado.
Debuxar e construir estes xoguetes propiciará a reflexión acerca do tempo, o espazo e o ritmo.