Convértete nun axente de policía e investiga, empregando a ciencia, o misterioso roubo da tarta. Busca pegadas, elabora retratos robot e analiza o ADN, mentres resolves o crime.
Actividade a cargo de Ceo aberto
Público infantil e xuvenil de 7 a 14 anos
Espazo de obradoiros da Biblioteca
Duración: 60 minutos
20 prazas
Publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia
Presentamos o obradoiro “Scriptorium”, que comezará analizando o seu significado, a importancia dos códices e a súa historia. Tamén falaremos do seu método de elaboración e instrumentos de traballo ata o lugar onde se sentaban para realizar este duro traballo: o banco do copista.
Actividade do programa Ler Conta Moito con Batucado y Emusin