Bolsas de formación en biblioteconomía

Imaxe
Data de publicación

Convocatoria 2026-2027

No DOG do 08.01.2026 publícase a Orde do 15 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación en biblioteconomía e se convocan para o período 2026-2027 (código de procedemento CT233A).

O prazo de solicitudes estará aberto desde o 09.01.2026 ata o 09.02.2026. 

O número total de bolsas convocadas é de trinta e tres (33), que se desenvolverán nos centros seguintes:
- Biblioteca de Galicia: 7 prazas
- Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal: 4 prazas
- Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés: 4 prazas
- Biblioteca Pública de Lugo: 4 prazas
- Biblioteca Pública de Ourense Nós: 4 prazas
- Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola: 4 prazas
- Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel: 5 prazas
- Biblioteca Pública Central Municipal de Ferrol: 1 praza

Na sección Bolsas desta web (dentro da Área para Profesionais) poderás atopar toda a información, resposta ás preguntas máis frecuentes e os sucesivos documentos que se xeneren nesta convocatoria.