Ler conta moito

Imaxe

Convocatoria de 2024 do programa Ler conta moito para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Ler conta moito ten como obxectivo xeral animar á lectura a través dunha programación de actividades atractivas, vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento aos espazos bibliotecarios.

O catálogo Ler conta moito 2024 incorporará actividades de dinamización bibliotecaria e cultural que se poñerán á disposición das entidades titulares de bibliotecas públicas, co obxecto de que poidan seleccionalas para a súa programación de dinamización da lectura durante o ano, promovendo así a mellora da oferta, a igualdade de acceso e a transparencia.