Ler conta moito

Imaxe

Publicación do Catálogo Ler conta moito 2024 e apertura para a programación e execución das actividades

O día 1 de marzo publícase o Catálogo Ler conta moito 2024 na web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, co que dá inicio o periodo no que as bibliotecas e axencias de lectura públicas que solicitaran as axudas do programa Ler conta moito poden seleccionar e executar actividades desde a data de publicación do catálogo ata o 25 de outubro de 2024. Desta forma facilítase un período de programación amplo, que permitirá a celebración ou conmemoración das datas máis sobranceiras para as bibliotecas e as que conforman o Calendario do Libro e a Lectura 2024. 

As bibliotecas ou axencias de lectura solicitantes deben seleccionar no Catálogo Ler conta moito 2024 as actividades de animación á lectura que van realizar, accedendo ao menú: https://rbgalicia.xunta.gal/ > Dinamización da Lectura - Ler Conta Moito > Programación de actividades ou ben directamente a través do seguinte enlace: 

https://lercontamoito.xunta.gal/solicitudes-subvencion/

Mais información no apartado https://rbgalicia.xunta.gal/ > Área para profesionais > Axudas e subvencións - Dinamización da lectura