Publicación do Catálogo Ler conta moito 2025 e apertura para a programación e execución das actividades
O día 5 de marzo publícase o Catálogo Ler conta moito 2025 na web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, co que dá inicio o periodo no que as bibliotecas e axencias de lectura públicas que solicitaran as axudas do programa Ler conta moito poden seleccionar e executar actividades desde a data de publicación do catálogo ata o 31 de outubro de 2025. Desta forma facilítase un período de programación amplo, que permitirá a celebración ou conmemoración das datas máis sobranceiras para as bibliotecas e as que conforman o Calendario do Libro e a Lectura 2025.
As bibliotecas ou axencias de lectura solicitantes deben seleccionar no Catálogo Ler conta moito 2024 as actividades de animación á lectura que van realizar, accedendo ao menú: https://rbgalicia.xunta.gal/ > Dinamización da Lectura - Ler Conta Moito > Programación de actividades ou ben directamente a través do seguinte enlace:
https://lercontamoito.xunta.gal/solicitudes-subvencion/
Mais información no apartado https://rbgalicia.xunta.gal/ > Área para profesionais > Axudas e subvencións - Dinamización da lectura