Data de publicación
Publicación do Catálogo Ler conta moito 2026 e apertura do prazo para a programación das actividades
O día 11 de marzo publícase o Catálogo Ler conta moito 2026 na web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Desde o 11 de marzo e ata o 31 de outubro de 2026, as bibliotecas públicas e axencias de lectura que solicitaran as axudas do programa Ler conta moito poden seleccionar e executar as actividades do catálogo.
Para iso deben acceder á Plataforma Ler conta moito a través dalgunha destas vías:
- https://rbgalicia.xunta.gal/ > Dinamización da Lectura - Ler Conta Moito > Programación de actividades
- ou ben directamente a través do enlace: https://lercontamoito.xunta.gal/solicitudes-subvencion/
Toda a información sobre este programa en https://rbgalicia.xunta.gal/ > Área para profesionais > Axudas e subvencións - Dinamización da lectura