Prórroga dos préstamos e cancelación dun curso da EGAP dirixido a persoal bibliotecario
1. Préstamos
1.1. Bibliotecas Koha
Debido á nova prórroga da corentena, a devolución dos préstamos en Koha queda adiada para o 11 de maio. Como xa comunicamos anteriormente, esta mesma data aplicarase aos usuarios que tiñan pendentes devolucións entre o 17 de febreiro e o 13 de marzo (durante os quince días anteriores á entrada en vigor do confinamento).
Avisamos no OPAC sobre a prórroga dos préstamos, así como sobre o mantemento dos servizos de préstamo dixital a través de GaliciaLe (Catálogo Galego e eBiblio Galicia), co obxectivo de ofrecer aos lectores unha alternativa aos servizos presenciais.
1.2. Bibliotecas Meiga
Ta e como vos comunicabamos nun aviso anterior, a modificación das datas de devolución se levará a cabo unha vez vaia rematar esta situación excepcional. Será entón cando poderedes poñervos en contacto para comunicar ao CAU que queredes que cambie as datas automaticamente en todos os préstamos.
1.3. Bibliotecas con outros programas de xestión
Recomendamos, de novo, a adopción destas mesmas medidas.
2. Formación
Ademais dos xa comunicados en anteriores avisos, suspéndese ata novo aviso o curso da EGAP "A expurgación na colección das bibliotecas públicas", que se ía celebrar en Santiago de Compostela o 15 e o 16 de abril.
Lembrámosvos que dispoñedes de toda a información sobre o conxunto das medidas adoptadas desde a entrada en vigor do estado de alarma na páxina principal desta web (premendo na imaxe situada na parte superior dereita). Tamén podedes consultalas directamente na ligazón de embaixo.