Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Imaxe
Data de publicación

Con motivo do Día Mundial da Ciencia, que se celebrará o vindeiro día 10 de novembro, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude promove o Mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Coa participación das bibliotecas públicas, das bibliotecas escolares e dos equipos de dinamización lingüística, prográmanse actividades de divulgación científica e realízase unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia en galego, que se poñen a disposición de todas as bibliotecas e do público interesado. 

O arqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, Felipe Criado-Boado, participou na presentación do programa e elaborou o manifesto nesta edición 2024. 

Acceda ao programa de actividades e ao manifesto de Felipe Criado-Boado premendo na ligazón.