Publicada a convocatoria de axudas para 2026
No DOG do 23/04/2026 publicouse a Orde do 13 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais en galego e para a mellora das coleccións, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT235A).
Poden ser beneficiarias as entidades locais de Galicia que sexan titulares de bibliotecas públicas ou axencias de lectura integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, así como as agrupacións de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns, que cumpran os requisitos establecidos na orde.
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 4 de maio de 2026 e rematará ás 20.00 horas do día 4 de xuño de 2026, ambos incluídos.
Máis información sobre a convocatoria en:
Área para profesionais > Axudas e subvencións > Actualización das coleccións
Datos de contacto para a resolución de dúbidas:
Servizo do Libro e Publicacións
- servizo-libro-publicaci%C3%B3ns.cultura [at] xunta.gal (servizo-libro-publicacións[dot]cultura[at]xunta[dot]gal)
- Teléfono: 981 54 48 49