Publicada no DOG a resolución das bolsas de formación en biblioteconomía para o período 2026-2027

Imaxe
Data de publicación

O 29 de maio de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pola que se adxudican as bolsas de formación en biblioteconomía para o período 2026-2027 (código de procedemento CT233A).

Con esta resolución dase publicidade á listaxe definitiva de persoas beneficiarias das 33 bolsas convocadas, así como á listaxe de suplentes para os sete centros bibliotecarios da Rede de Bibliotecas de Galicia integrados neste programa formativo.

As persoas adxudicatarias deberán cumprir cos prazos e obrigas de aceptación establecidos na propia resolución para a súa posterior incorporación aos centros de destino.

Podes consultar o documento completo da resolución e toda a información do procedemento no seguinte enlace da nosa web:

👉 Bolsas de formación en biblioteconomía para o período 2026-2027

Documentación