Publicado o informe sobre o impacto económico e social da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Imaxe
Data de publicación

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de publicar o informe sobre o impacto económico e social da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, que ten como obxectivo amosar o valor que lle achegan á sociedade e á economía da Comunidade Autónoma os servizos bibliotecarios da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, que se ofrecen de forma gratuíta.

Partindo da análise de datos estatísticos e da realización de enquisas estimouse que, por cada euro que se inviste nas bibliotecas, a cidadanía recibe servizos por un valor de entre 3,85 € e 6,53 €. En conclusión, os servizos bibliotecarios públicos son un investimento rendible desde o punto de vista económico.

Ademais, o estudo confirma a boa consideración dos servizos ofrecidos polas bibliotecas públicas galegas e a súa importancia desde o punto de vista social.