Data de publicación
Conservar para nós. A conservación nas bibliotecas públicas
O vindeiro 11 de novembro de 2024 celebrarase en Santiago de Compostela, no Auditorio do edificio CINC da Cidade da Cultura a VI Xornada de bibliotecas públicas de Galicia que baixo o título "Conservar para nós. A conservación nas bibliotecas públicas" tratará sobre diversos aspectos referidos á recollida, elaboración e conservación dos diferentes materiais que constitúen a colección bibliográfica e documental dunha biblioteca.
Toda a información e inscrición na xornada, na Área para profesionais, no aparatado Xornadas e encontros profesionais.