Fantásticas historias contadas por especialistas en Lingua de Signos da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).
Lugar: bebeteca
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Se tes entre 4 a 6 anos vente á biblio a escoitar historias cheas de imaxinación.
Mentras dura a sesión, as nenas e nenos quedarán sós coa contadora para gozar do conto en calma.
É necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior á actividade presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386
Contos para os mais cativos, onde a través de estímulos visuais, auditivos e espaciais, se mergullarán en historias de simpáticos personaxes que, coma eles, están a descubrir o mundo que os rodea.
Idade: de 0 a 3 anos.
Duración: 30 minutos.
Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.
Polo Día da Ilustración contaremos, debuxaremos e musicaremos a vida do fantástico Siro ,homenaxeado este ano, e para finalizar faremos unha caricatura seguindo as instrucións da ilustradora.
Data e hora: venres 30 de xaneiro ás 18.00 h.
Público destinatario: Público familiar.
Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala.
Atención, nenos e nenas: as historias máis divertidas e sorprendentes chegan á vosa biblioteca para facer rir... e dar só un pouquiño de medo.
Vinde gozar de contos cheos de gargalladas e emocións, onde o susto é pequeno e a diversión, moi grande.
Data e hora: venres 13 de febreiro ás 18.00 h.
Público destinatario: familiar, a partir de 3 anos.