No marco do Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas públicas propoñemosvos un obradoiro de ilustración científica: unha invitación para entrar no mundo vexetal microscópico.
No marco do Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas públicas propoñemosvos un obradoiro de ilustración científica: unha invitación para entrar no mundo vexetal microscópico.
Papalibros está dotada con múltiples funcións, non só tritura, pica, moe, pulveriza, bate, raia, emulsiona, trocea e amasa palabras senón que tamén ten unha función turbo adicional para facelo todo aínda máis rápido! Ademais, é intelixente, sostible e conta con pantalla táctil.
E o mellor de todo, non necesita moita limpeza!
Todos temos un libro favorito. Algunhas veces, ese libro conta con imaxes que nos axudan a visualizar mellor aos personaxes e escenarios. Pero outras veces, o libro non ten ilustracións, así que debemos usar a nosa imaxinación para crear ese mundo baseadas nas descricións do propio autor. Neste obradoiro, aprenderemos como converter esas descricións en debuxos.
A intelixencia artificial, ou IA, é como ensinar ás máquinas a “pensar un pouquiño” para axudarnos en diferentes tarefas. Non se trata de maxia nin de robots de película: a IA xa está no noso día a día, cando o móbil recoñece unha cara nunha foto, cando o GPS busca a ruta máis rápida ou cando unha aplicación nos recomenda unha canción.