Tratamento das persoas usuarias

Neste apartado podes ver os vídeos que explican as funcionalidades que describimos embaixo : 

 

-17. Como introducir un usuario novo : buscar usuarios e solicitar o carné.

Neste videotitorial ofrécese información de como realizar as seguintes tarefas : 

  • Buscar usuarios na base de datos. En toda a base ou na túa biblioteca. A comprobación en toda a base de datos é fundamental para non duplicar rexistros de persoas usuarias.
  • Como solicitar o carné. Existen varias vías para solicitalo e resulta necesario cumprir cunha serie de requisitos para facelo.

 

-18. Como introducir un usuario novo : cubrir a folla de traballo do lector/a.

Explicación de como cubrir cada un dos campos do formulario dos usuarios novos ou usuarias novas que se van introducindo no catálogo. Compleméntase co documento en pdf achegado desde o Servizo : Folla de traballo de lector/a (ver ligazón máis abaixo no apartado de Documentos e ligazóns).  

 

-19. Como xestionar usuarios.

Aquí atoparás información das seguintes tarefas : 

  • Revisión de usuarios existentes na base. Cando unha persoa nos solicita o carné da biblioteca, sempre facemos unha comprobación por se xa está introducida na base de datos. Se, como resultado da comprobación atopamos que xa existe, debemos facerlle unha revisión deses datos (datos de contacto, acceso a GaliciaLe, foto...).
  • Modificar rexistros de usuarios e usuarias. Explicación de como se lle poden cambiar os datos aos rexistros das persoas inscritas.
  • Renovar o rexistro dos usuarios. Os rexistros teñen a súa caducidade establecida no sistema (3 anos a categoría infantil, 5 anos os adultos, 10 anos as entidades), aquí poderás ver como facer para renovalos.
  • Cambiar contrasinal. O público pode acceder á súa sesión do catálogo en liña por medio dunhas credenciais (núm. de carné da biblioteca e contrasinal)j. En ocasións pode esquecelo, polo que debemos aprenderlle como facer para recuperalo. 

 

-20. Como tratar rexistros duplicados de persoas usuarias e como ligar adultos con menores a cargo. 

Debido ás migracións nas que se integran novas bibliotecas e tamén debido a erros humanos, existen na base algúns rexistros que están duplicados. No vídeo exponse como proceder ante estas duplicidades. Tamén se explica como se poden ligar no sistema os rexistros de menores cos dos adultos responsables deles, de xeito que os adultos poden ter informaicón dos préstamos dos menores ao seu cargo e viceversa. O Procedemento de rexistros duplicados de usuarios está tamén dispoñible en pdf no apartado de Documentos e ligazóns de máis abaixo.

 

-21. Como imprimir carnés das persoas usuarias.

Os carnés físicos da rede que se fan actualmente teñen todos o mesmo deseño (que se achega dende o Servizo), pero poden imprimirse en diferentes soportes (cartolina ou tarxeta plástica). Nos vídeos exponse como poden imprimirse desde o programa segundo a opción escollida. 

VÍDEOS RELACIONADOS

17. Como buscar ususarios e solicitar carné
18. Como cubrir folla trab. lector/a.
19. Como xestionar usuarios
20. Como tratar rexs. duplicados e ligar adult.e menores
21. Como imprimir carnés