Conferencia a cargo da profesora doutora Maribel Iglesias Baldomero organizada pola Agrupación Cultural O Galo
Faladoiro no marco da programación de Compostela Diversa, promovida polo departamento de Igualdade do Concello de Santiago
Espectáculo de teatro de papel pop up e marionetas a cargo de Juste Kamishibai
Cedemos o espazo a Andaina Pro Saúde Mental, unha asociación sen ánimo de lucro que nace co obxectivo de prestar apoio ás persoas con problemas de saúde mental, ás familias e achegadas e achegados. Utilizan a arte como ferramenta de expresión emocional e comunicación xa que axuda a conectar cun mesmo e co grupo, a reducir os niveis de estrés e ansiedade e potenciar a creatividade.
Cos participantes do Club de lectura Selic Criminal da Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva de Braga