04 - 21 de Xuño 2024, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cedemos o espazo a Andaina Pro Saúde Mental, unha asociación sen ánimo de lucro que nace co obxectivo de prestar apoio ás persoas con problemas de saúde mental, ás familias e achegadas e achegados. Utilizan a arte como ferramenta de expresión emocional e comunicación xa que axuda a conectar cun mesmo e co grupo, a reducir os niveis de estrés e ansiedade e potenciar a creatividade. Cada obra é unha historia de desenvolvemento e mellora persoal.
No vestíbulo. Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.