“40 anos de Greenpeace España”

Imaxe
20 de Febreiro - 15 de Marzo 2025, 8:30 - 14:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Exposición polos 40 anos de Greenpeace España

Cedemos o espazo para realizar a exposición “40 anos de Greenpeace España”. Este ano Greenpeace España cumpriu 40 anos. 40 anos de incansable traballo por un cambio profundo do modelo socioeconómico. 40 anos loitando para asegurar un futuro máis verde, democrático e xusto para o planeta e as persoas. Pode visitarse no vestíbulo durante o horario de apertura da biblioteca.

A inauguración celebrarase o 20 de febreiro ás 18.30h. Ás 19.00h proxectarase o documental “La aventura del saber. 40 años de Greenpeace”. Ao remate abrirase un coloquio co voluntariado de Greenpeace Compostela. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.