Amar entre linguas

Imaxe
21 de Marzo - 19 de Abril 2025, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

A Biblioteca Pública Ánxel Casal conmemora o Día Mundial da Poesía cunha selección en diferentes linguas. 

O sentir non ten parangón, físico ou lingüístico, e a achegarnos a isto foi o que nos levou á elección desta mostra “Amar entre linguas”. Buscamos con esta achega, expandir as fronteiras máis aló do que nós sentimos coa nosa fala, chegar a novos puntos de comprensión sen esquecernos de nós mesmos. Convidamos a todas e todos  a atoparse neste devir literario onde a creatividade e o sentimento guía ao ser.

Pode visitarse no segundo andar durante o horario de apertura da biblioteca