Arqueoloxía experimental

Imaxe
11 de Novembro 2023, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Pepe Otero

Obradoiro de arqueoloxía experimental no que os participantes se converten nos protagonistas do experimento e por tanto, formulan hipótese de reconstrución, observan, analizan, manipulan obxectos e instrumentos, ao mesmo tempo que reproducen paso a paso diferentes pezas aplicando as diferentes técnicas e xestos dos oleiros que viviron na nosa contorna.

Unha síntese do proceso de elaboración da cerámica antiga polo oleiro Pepe Otero.

Para público infantil de 6 a 12 anos.

Inscrición previa no teléfono 886 120 445 ou na propia biblioteca.