Arte en Cómic / Cómic de Arte

Imaxe
17 de Marzo - 19 de Abril 2025, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

Ao longo da súa historia o cómic sempre mantivo unha evidente relación con outras artes, tanto anteriores coma contemporáneas a el. Esta mostra bibliográfica pretende ser un pequeno exemplo deste continuo diálogo, presentando algunhas das súas vertentes máis destacables.

Poñendo o foco nas artes gráficas e audiovisuais, inclúense distintas representacións, dende as narracións sobre historia da arte e as súas grandes figuras, ata as viñetas que sen abordar unha temática artística convértense en arte experimental en sí mesmas. En definitiva, obras que salientan e expanden as barreiras desta lonxeva relación como froito dese xa mencioado diálogo interartístico.

Pode visitarse na zona da Bedeteca durante o horario de apertura da biblioteca