Cociñando ciencia: química e física na cociña

Imaxe
03 de Novembro 2023, 17:00
Biblioteca Pública de Lugo

A cargo de Ciencia Kids.

Desde que o Físico Nicholas Kurti e o profesor de química Hervé This acuñaron o termo “Gastronomía Molecular” en 1988 fomos testemuñas dunha verdadeira revolución na cociña. Ser cociñeiro é unha das profesións que está de moda e os asuntos de cociña acaparan todos os medios, non só no sector, tamén a pé de rúa.

O mundo culinario ofrece unha excelente plataforma para achegar fenómenos complexos da física e a química ao público e permítelles comprendelos a través de sistemas moi próximos.

A cociña é pura ciencia, non se entende a cociña se non é mediante reaccións químicas e biolóxicas. De feito, os espectadores xa non só ven un programa de cociña para saber como se prepara un prato, senón tamén como se crea unha emulsión, unha escuma ou un aire de aceite de oliva. A xente está moi interesada en saber por que se producen as reaccións químicas.

Para público infantil de 6 a 12 anos. (10 prazas por sesión)

2 grupos:

17:00- 18:00

18:15- 19:15

Na Ludoteca

Inscrición previa desde o luns anterior á actividade na sala infantil